Select Page

No 2016 comezou a actividade de DIXITAIS, Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo. Neste tempo centrámonos na experimentación coa integración da tecnoloxía na docencia para a mellora da aprendizaxe e da competencia dixital do noso alumnado, pero tamén na investigación sobre distintos aspectos da nosa vida e identidade no mundo dixital.

Os resultados desta actividade poden verse nas nosas participacións en congresos, proxectos de innovación docente e publicacións pero temos intención de comezar a divulgar o noso traballo a través de novas vías de difusión (entre elas este blog) a partir de 2020.

Así pois, deixamos colocada a primeira pedra desta nova etapa coa intención de que este edificio que estreamos siga medrando pouco a pouco.